Haciendo camino al andar por tierras de Galicia recordando a Rosalía de Castro que en 1837 y en Santiago nacía en un día como hoy, 24 de febrero.
Adiós ríos, adiós fontes
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos
Miña terra,miña terra
terra
donde m’eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña d’o meu contento.
Muiño dos castañares,
noites craras do luar,
campaniñas timbradoiras
da igrexiña do lugar.
noites craras do luar,
campaniñas timbradoiras
da igrexiña do lugar.
Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós para sempre adiós!
¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso,
por un mundo que non vin!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso,
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar;
deixo, en fin, canto ben quero…
¡quén puidera non deixar!
Mais son prob´e mal pecado,
a miña terra n´é miña,
qu´hastra lle dan de prestado
a veira por que camiña
ó que naceu desdichado.
Téñovos,pois,que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Adios,Virxe d´Asunción
branca com´un serafín,
lévobos no coraçon:
pedidelle a Dios por mín,
miña Virxe dÁsunción.
branca com´un serafín,
lévobos no coraçon:
pedidelle a Dios por mín,
miña Virxe dÁsunción.
Xa se oien lonxe, moy lonxe,
as campanas do pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
as campanas do pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa sóyen lonxe,mais lonxe...
Cada balada é un dolor;
voume soyo,sin arrimo...
Miña terra ¡adiós ! ¡adiós !
¡Adiós tamén, queridiña…
Adiós por sempre quizáis!…
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás…
tantas légoas mar adentro…
¡Miña casiña!, ¡meu lar!